Mostrando entradas con la etiqueta París. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta París. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de junio de 2012

EU ANTE O ACORDO DO PLENO DE VIGO SOBRE TARIFICACIÓN DO CONSUMO DE AUGA

Sede de Aqualia en Vigo
ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA “PAPEL MOLLADO” O ACORDO DO PLENO SOBRE PAGO POR CONSUMO EN AQUALIA E DENUNCIA QUE O QUE ESCONDE O PP NO CAMBIO TARIFARIO E APLICAR O CANON DA AUGA EN VIGO

EU considera que para poder modificar a tarificación na ordenanza municipal e que a empresa concesionaria non execute penalizacións ao Concello (que indirectamente pagamos todos os vigueses e viguesas) o único camiño é anular a PRÓRROGA A AQUALIA e evaluar de xeito real a remunicipalización do servicio evitando a entrada de capital privado nun sector tan acosado polos especuladores económicos na actualidade como o da auga e o saneamento.

EU continúa a defensa activa dun referendo popular vinculante sobre a prórroga que este goberno local otorgou a AQUALIA aínda tendo informes técnicos que o desaconsellaban, defensa que exemplificamos na recollida de sinaturas que dende fai meses levamos a cabo nas rúas e barrios de Vigo e que acumula máis de 6000 sinaturas uns meses antes da finalización da mesma.

EU igualmente defenderá á volta á xestión 100×100 pública do ciclo integral da auga, nun tempo no que a LEI DE AUGAS que promove a Xunta de Galicia amenaza con convertir un dereito nun negocio privado e altamente lucrativo. Pedimos que Vigo siga o exemplo de París e outros concellos galos que ante o lucro que xeneraban a multinacionais como Suez remunicipalizou o servicio en 2010 creando a empresa pública de augas de París.

En Esquerda Unida estamos de acordo en que se deben implementar medidas de cara a unha maior racionalización no consumo da auga que evite o seu malgasto. Mais consideramos que unha cantidade mínima de auga debería estar garantida a todas as persoas e non suxeita a ningún tipo de cobro, xa que logo Esquerda Unida oponse ao canón da auga que propón o PP na lei de augas de Galicia e que está no fondo do novo posicionamento municipal en Vigo de trocar o sistema tarifario.

O artigo 45º.1 da Lei de Augas di: Constitúe o feito impoñible do canon da auga o uso ou o consumo real ou potencial da auga de calquera procedencia, con calquera finalidade e mediante calquera aplicación, mesmo non consuntiva, por causa da afección ao medio que a súa utilización poida producir, considerándose incluída dentro desta afección a incorporación de contaminantes nas augas, e sen prexuízo dos supostos de non suxeición e exención previstos no artigo 7.

Isto supón que estarán suxeitas ao pagamento do canon da auga todas as persoas polo feito de consumir auga aínda que sexa mediante captación comunal, pozo ou auga da chuvia. É dicir, polo feito de estar vivas. Non se garante unha cantidade mínima exenta de pago, de onde se deduce o carácter unicamente recadatorio desta Lei. Supón outra volta de porca máis na liña de facer repercutir as consecuencias da actual crise económica sobre a maioría social.

jueves, 15 de marzo de 2012

EN DIRECTO DENDE MARSELLA, FORO ALTERNATIVO DA AUGA. EXPLICANDO COMO REMUNICIPALIZAR


Stream videos at Ustream

EU APOSTA POLO MODELO FRANCÉS DE XESTIÓN DA AUGA



París retornou ao público o servizo de augas en 2010
ao detectar un sobrecuste dun 25% na xestión privada.
Máis 50 Concellos galos seguiron o exemplo da capital.
 
ESQUERDA UNIDA recorda que en Francia dende 2000 e tras centos de denuncias dos procesos de privatizacións dos anos 80 e 90 (alguns deles con condenas de cárcere como no caso da privatización do servicio de augas de Grenoble) centos de concellos franceses están recuperando o servicio municipal de augas, entre eles París que dende 2010 xestiona públicamente o servicio ao entender que o custe de xestión privado era un 25% máis elevado. EU pide que este mesmo modelo (evaluación real do custe privado) se aplique a AQUALIA para evitar o sobrecuste aos veciños e veciñas por intereses especulativos privados.

Para o coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez de non derrotar o anuncio do goberno do PSOE en Vigo de ampliar ate 2020 a concesión a empresa privada AQUALIA do servicio de augas e saneamento de Vigo, (concesión que remataba en 2015) estaríamos diante dunha oportunidade perdida para facer deste servicio non un negocio senón un xeito sostible, social e público orientado ao interés xeral da cidade. EU, engadíu Rubén Pérez repartirá miles de pasquíns na cidade explicando as posibilidades de outra política pública de auga e saneamento (adxuntase a esta nota)

A finalización da concesión de AQUALIA en 2015 é un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Porque deste xeito podemos xestionar adecuadamente a demanda de auga nos fogares, oficinas, hostalaría, comercios e empresas coñecento previamente o consumo de auga e comparalo co consumo medio diario por persoa. Este modelo de remunicipalización dende 2000 o están aplicando moitos concellos franceses (París en 2010)  ante a evidencia que o servizo privado era costoso tanto para o concello como para o cidadán.

É necesario un novo modelo de xestión que incentive o aforro no uso doméstico, de servicios e industrial, que obrigue ás industrias á depuración selectiva das súas augas residuais e a reciclalas correctamente, que obrigue a reutilizar a auga depurada na EDAR, aireada e saneada,  para usos de xardiñería e limpeza de rúas. Hoxe unha familia que consuma 10 m3 paga 34,24 euros/bimestre e unha familia que consuma 30 m3 paga 38,42 euros, esa pequena diferencia se debe sólo ó “canon de saneamento”, xa que por “abastecemento”, “saneamento”e “cota fixa” páganse 32,15 euros ainda que teñas a casa pechada. SE CONSUMIRAMOS O QUE PAGAMOS OS NOSOS ENCOROS ESTARÍAN BALEIROS.

Dende un punto de vista social, dado que se trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis consume.

Si houbera un suministro de auga non potable para uso industrial, agrícola e gandeiro, aforraríase enerxía e poderíase suministrar auga máis barata para estes usos. Aínda que para regadío deberase utilizar a procedente do sistema de regadío. Ese suministro sería máis factible si existise en Vigo unha ordenación do territorio que permitise a localización e concentración desas actividades.